Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz. «As historias que máis me gustan son as que naceron para seren contadas oralmente», dicía; e así se xestaron estes «Contos de obxectos», oito relatos até agora inéditos que DoCampo gustaba de contar a
mosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama. Obxectos que Daniel Puente Bello recreou nas coidadas fotografías que ilustran o libro. Realidade e ficción, escritura e oralidade, tradición e actualidade conviven neste fato de contos que dialogan coa escrita dos grandes clásicos galegos da narrativa curta, como Rafael Dieste, Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro. Un libro para celebrar a vontade de narrador oral de Xabier P. DoCampo.