O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz. Os habitantes do bosque temíano porque era unha besta parda que comía todo canto se lle puxese diante. Ata que un día un
Miguel López, O Hematocrítico, naceu na Coruña en 1976.
Profesor de Educación Infantil, Inglés e Primaria, creador de contidos, escritor, podcaster..., publicou en Xerais numerosos títulos infantís de grande éxito, como a serie «O Bosque dos Contos» («Feliz feroz. O lobiño riquiño» (2016), «Axente Riciños» (2016) e «O lobo con botas» (2018), ilustrados por Alberto Vázquez; «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa vermella» (2020), «Vaia cabuxiño!» (2021); «Axente Riciños. Misión Princesa» (2022) e «Morto de fame» (2023), ilustrados por Mar Villar) ou os cómics de Lendas do Recreo («A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020)), ilustrados por Albert Monteys.
En 2021 nace a serie Os Hematiños, ilustrada por Alberto Vázquez, con cinco títulos publicados: «Un can» (2021), «O meu irmono» (2021), «Gaivota gourmet» (2022), «Oso banda» (2022) e «Unha unicornia» (2023). Na colección Sopa de Libros publicou a novela «Dona Problemas» (2023), e ese mesmo ano, a novela «Caramomia» escrita xunto a Ledicia Costas, María Lado e Daniel Landesa.
Faleceu o 27 de novembro de 2023 á temperá idade de 47 anos, cando estaba traballando na edición de «Dona Problemas, salvadora da escola» (Xerais, 2024). En 2025 ve a luz o terceiro volume desta serie: «Dona Problemas, rescatadora de mascotas».
e descubre todas as novidades do libro en galego