Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de
Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Rivas, móvese a cabalo entre dous espazos, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside o cotián deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista rebelde e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo. O Manuel Rivas de «Os comedores de patacas» é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Manuel Rivas nació en A Coruña en 1957. Escritor y periodista español en lengua castellana y gallega. Se licenció en Ciencias de la Información, en Madrid, donde fundó la revista Loia. De regreso en La Coruña colaboró con distintos medios de prensa y audiovisuales; fue subdirector de Cambio 16 de Galicia y responsable de la sección cultural de El Globo. En la actualidad, colabora habitualmente en el diario El País