Cancións para sorrir, para bailar, para gozar da vida. Un libro-cd cheo de emoción no que estás a colaborar nun proxecto de investigación dentro do campo da biopsia líquida que desenvolve Oncomet na loita contra o cancro. Por moitas primaveras máis!
Mamá Cabra son un grupo de música infantil formado por músicos que tocan de todo: batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.
Coñecidos polos nenos e nenas de toda Galicia pola forza do seu directo, no catálogo de Galaxia ofrécennos dous libro-discos que van levarnos a súa música coma goce delicioso por toda a casa, no coche… onde ti queiras!
e descubre todas as novidades do libro en galego