┴s seis da mañá do luns 4 de xullo do ano 1927, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey comezaron unha viaxe que os ía levar a pé ao Santo André de Teixido, no cabo do mundo. Sete días despois, pasando por Viana (preto de Chantada), Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Vilalba, As Pontes de
Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.
A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
e descubre todas as novidades do libro en galego