Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964, é un escritor en lingua galega.
Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tocou a guitarra nun grupo de rock, exerceu de vendedor, foi funcionario do Estado, e finalmente da administración autonómica en Boiro. Colaborou activamente no proxecto Barbantia.
A idea é interesante e gustoume a forma na que describe Xinzo e o conxunto de persoas que viven alí, cada un coas súas peculiaridades. O único é que pensei que falaría máis en profundidade sobre o tema dos "tolos" (sinceramente pensei que o resto do libro trataría sobre o home espido porque a súa historia é bastante interesante. Quitando iso en xeral o tema menciónase de vez en cando poñendo exemplos, pero parece algo a engadir que non cambia moito a experiencia xeral do libro) e que a pseudohistoria de amor que ocorre entre Antón e Elsa é unha das cousas más insufribles do mundo.
e descubre todas as novidades do libro en galego