1. INICIO
  2. Libros
  3. O PADRE SARMIENTO, VIAXEIRO
O PADRE SARMIENTO, VIAXEIRO

O PADRE SARMIENTO, VIAXEIRO

Marcelino Agís Villaverde
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1179-3
EAN
9788491511793
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Marcelino Agís Villaverde

Ver autor

Marcelino Agís Villaverde, nado en Raxó (Poio) o 17 de xuño de 1963, é un escritor e filósofo galego, catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986. Estudos de posgraduado en París e Chicago con Paul Ricoeur. Doutor en Filosofía pola USC (1992). Profesor visitante da Universidade de Perugia (1995), Universidade Presbiteriana Mackenzie (2005 e 2007). Profesor invitado nas Universidades Technische Universität de Berlín, Coímbra, Porto, Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada de Lisboa, Universidade do Minho (Braga), Tenri (Xapón), São Paulo, Roma III, Istituto Italiano per gli Studi Filosofici (Nápoles), Kansas University (USA) e Universidade Popular Autónoma do Estado de Puebla (México). É catedrático de Filosofía na Facultade de Filosofía da USC desde 1996, profesor titor da UNED e profesor colaborador do Instituto Teolóxico Compostelán (Universidade Pontificia de Salamanca). Foi vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente (2002-2006). Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondente da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012).

Membro do Comité Asesor da Revista Galega do Ensino (Xunta de Galicia). Representante en España dos Fonds Ricoeur (París). Membro do Padroado da Fundación Alfredo Brañas e do Padroado da Fundación Isla Couto. Presidente do Foro de Pensamiento y Opinión: Galicia Milenio. Colaborador habitual na prensa: O Correo Galego, Galicia Hoxe, El Correo Gallego, Radio Galega. Os seus libros e artigos científicos está traducidos ao castelán, inglés, xaponés e ruso. En maio de 2024 foi nomeado correspondente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Marcelino Agís Villaverde

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego