1. INICIO
  2. Libros
  3. PERICLES E A BALEA
PERICLES E A BALEA

PERICLES E A BALEA

Xohana Torres
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2018-06-13
Páxinas
32
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4915-1184-7
EAN
9788491511847
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Xohana Torres

Ver autor

Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929 e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017 foi unha escritora galega.

Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantivo afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero. Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixiu en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e durante moitos anos residiu en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, "Raíz e Tempo", en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).

Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001. En 2018 A Real Academia Galega dedicoulle o Día Mundial da Poesía e publicou Natureza de illa na súa homenaxe.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xohana Torres

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego