Unha librería aparentemente esquecida. Un cativo desesperado pola fame. Unha época escura na que homes sen escrúpulos abusan do seu poder. E a maxia. Dos libros. Das lecturas. Dos que aman as historias que viven dentro das letras…
Xabier López López (Bergondo, 1974) reside en Betanzos desde hai dúas décadas.
Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.
Colaborador ocasional de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, contempla primordialmente a novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.
A súa primeira novela foi Biff, Bang, Pow! (1997). No ámbito infantil e xuvenil publicou tamén A vella quenlla perde os dentes (2005), Cando Artur non era rei (2012) e Son un can! (2013).
Como narrador para adultos deuse a coñecer con Doutor Deus (1999), á que seguiron O caderno (2001, Premio Risco de Literatura Fantástica), O mono no espello (2002, Premio Lueiro de Novela Curta), A estraña estrela (2003), A vida que nos mata (2003, Premio García Barros e Premio da Crítica Española), Trinta e dous dentes (2007), 1989 (2013) e Cadeas (Premio Xerais 2013). A súa obra está traducida ao castelán e portugués.
e descubre todas as novidades do libro en galego