Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza. Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a
So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza. Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan polo corpo, polos sentidos, polas marxes, e ten a ver coas propostas que os e as cineastas desenvolveron nas súas obras, obras de ficción por veces, documentais ou en pasaxe entre un e outro territorio as máis. Filmar o dó, filmar o velado, filmar o traballo, filmar a ollada, filmar a pantasma, filmar a tribo, filmar as pulsións canda o fóra de campo son as estacións que amplían esta viaxe que quereriamos longa e frutífera.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro