Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Despois de ler esta monografía de Xosé Luís Sánchez Ferraces entendemos mellor, moito mellor, aquela muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, que foi a materia do seu canto. Escribíndoas, escribíndose, definíase e foi sobrevivindo. Dese
Despois de ler esta monografía de Xosé Luís Sánchez Ferraces entendemos mellor, moito mellor, aquela muller que se fixo poeta nas terras do Courel, onde, durante vinte anos, soportou as súas depresións, que foi a materia do seu canto. Escribíndoas, escribíndose, definíase e foi sobrevivindo. Dese universo escuro e fondo fala con pericia e eficacia este libro do profesor Sánchez Ferraces, filólogo sempre, incluso nos momentos en que se nos mostra como un experto en saberes psicanalíticos, imprescindibles para internarse na floresta sombriza e mesta dos versos de María Mariño. Por se fose pouco aquí a eficacia, esta reveladora monografía está escrita, sempre, con rigor e co xeito literario impropio da aridez de tantos estudos. (Do limiar de Xesús Alonso Montero)
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Valora BAIXO O SIGNO DA BIPOLARIDADE. A POESÍA DE MARÍA MARIÑO CAROU