Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo…
non entendo por que este é o libro máis popular da autora (polo menos baseándome no número de calificacións no goodreads). non é que fose unha mala experiencia, pero si bastante vacía. a narración en presente para contar momentos do pasado pode ser así para dar unha sensación onírica, de que nada é real, ou como se estivésemos realmente dentro da cabeza da protagonista (os pensamentos non adoitan seguir unha orde exacta ou unha cronoloxía), pero iso non quita que fose confuso para min. en relación ás reflexións, aínda que algunha é interesante, son bastante superficiais. non sei, creo que teño lido en internet textos ou cómics de persoas aleatorias que falan sobre saúde mental igual o mellor que aquí. se queredes un libro sobre saúde mental e familia da mesma autora, podedes ler Un elefante na sala de estar. se queredes un libro no que "non ocorra nada", con reflexións varias pero cunha trama máis tanxible, lede O derradeiro libro de Emma Olsen. non sinto que Carrusel aporte nada especialmente seu, quitando o mercurio e as matemáticas.
e descubre todas as novidades do libro en galego