O dragón usaba o lume que saía da súa boca para incendiar..... O que esperamos dun dragón é que nos queime o cu co seu lume. Pero que pasa cando un dragón non bota lume? Pode haber peor cousa para un dragón ca iso?
Carlos López (Boimorto-A Coruña, 1967) é escritor e xornalista.
Recibiu numerosos premios como integrante do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto. Entre os galardóns máis destacados como autor de literatura infantil están o Premio Merlín 2007, The White Ravens 2011 e 2014, Lista de Honor de Clij 2014, Premio Frei Martín Sarmiento 2007 e 2017, Premio Raíña Lupa, Premio Xosé Neira Vilas e Fervenzas Literarias 2010. En Xerais publicou «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Cámbiache o conto!» (2016), «Bichería» (2020) e «Mediometrópole e os superheroes» (2023).
e descubre todas as novidades do libro en galego