Un día de xullo de 2012, a vida do protagonista do libro muda por completo. Á súa muller diagnostícanlle un letal cancro de páncreas. A existencia pasa a ser outra cousa desde ese instante. Os valores polos que se guía o mundo, agora teñen que ser outros. A enfermidade pasa a ocupalo todo. A
Anjel Lertxundi, nado en Orio en 1948, é un escritor vasco en lingua éuscara.
Estudou Filosofía e Letras en Donosti, Roma e Valencia. Traballou durante varios anos no ámbito do ensino e o xornalismo: Egin, Egunkaria, Berria, Diario Vasco, El País, El Mundo, La Vanguardia, Diario 16, El Correo...
Foi presidente da Asociación de Escritores Vascos, EIE entre 1982 e 1985.
Está considerado como un dos renovadores da narrativa do seu país, tendo unha obra extensa e variada, como poden ser contos, novelas, ensaios e até literatura infantil e xuvenil.
Tamén traballou en televisión, escribindo guións para teleseries e como asesor. Colaborou co mundo do cine coas películas Hamaseigarrenean, aidanez ("Á décimo sexta, ao parecer"), baseada nunha das súas propias novelas; e Karelatik ("Pola borda"), escrita e dirixida por el mesmo. É colaborador de diversos medios escritos, como o periódico Berria, onde escribe unha columna todos os días.
e descubre todas as novidades do libro en galego