Sabine é unha rapaza galega dos Países Baixos que bota de menos Galicia, sobre todo as súas avoas. Todo comeza o día do seu décimo aniversario cando recibe un agasallo misterioso que lle abre as portas dunha grande aventura. Axudada polos seus amigos Wilko, Jeroen e Anja, Sabine loitará non só pola
Francisco Javier Fernández Davila, coñecido como Fran Fernández Davila, nado en Canido en 1974, é un enxeñeiro e escritor galego.
Licenciado en Enxeñaría de Minas e Enerxía e cun MBA en Responsabilidade Social Corporativa na Universidade de Vigo, traballa ligado ao mundo do frío industrial dende o ano 2000. Comezou a escribir no ano 2016 asistindo a diversos obradoiros de formación con Clara do Roxo, Antón Riveiro Coello, Suso de Toro, José Monteagudo, Antonio García Teijeiro, Silvia Penas, Estíbaliz Espinosa, Baldo Ramos e Míriam Ferradáns entre outras.
e descubre todas as novidades do libro en galego