A unidade e a harmonía da Realidade é un diálogo aberto co mundo da ciencia e do pensamento, que nos anuncia unha nova maneira de situarnos como persoas e comunidade crente-relixiosa dentro da Realidade. Un ensaio apaixonado que fala de ciencia, de física, de filosofía, de teoloxía, de mística, da
Victorino Pérez Prieto, nado no concello leonés de Hospital de Órbigo o 18 de outubro de 1954, é un escritor e teólogo galego.
Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da xeración Nós e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol.
e descubre todas as novidades do libro en galego