Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
En tempos do ascenso imparable das tecnoloxías da comunicación, nas que, fronte as súas vantaxes, descubrimos a coroza en que nos pechan empobrecéndonos e empobrecendo o mundo, reparar nas calidades da conversa, quizais nos permita encontrar algo no outro que aínda non atopamos na nosa experiencia…
En tempos do ascenso imparable das tecnoloxías da comunicación, nas que, fronte as súas vantaxes, descubrimos a coroza en que nos pechan empobrecéndonos e empobrecendo o mundo, reparar nas calidades da conversa, quizais nos permita encontrar algo no outro que aínda non atopamos na nosa experiencia do mundo.
Neste libro dialogan filósofos e narradores -rompendo o silencio dos deuses- sobre a condición finita e vulnerable dos homes. Con linguaxes diferentes, Homero, Sófocles, Voltaire, Cunqueiro e Conrad, pero tamén Kant, Aristóteles e Habermas,... e todos baixo a convicción de que a palabra só encontra confirmación pola recepción e aceptación do interlocutor, ofrecéndonos un cadro do universo humano en que Odiseo, o rei Arturo, Morgan le Fay, Huckleberry Finn, Lord Jim, Bagadouro e Tom Bombadil, entre outros, son os seus protagonistas.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro