1. INICIO
  2. Libros
  3. B.J. FEIJOO, RENOVADOR DO PENSAMENTO DA ILUSTRACIÓN
B.J. FEIJOO, RENOVADOR DO PENSAMENTO DA ILUSTRACIÓN

B.J. FEIJOO, RENOVADOR DO PENSAMENTO DA ILUSTRACIÓN

Francisco Díaz-Fierros Viqueira
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Galicia y, en concreto, la ciudad de Orense se distinguieron de forma especial por difundir por todo el país el pensamiento del benedictino ilustrado, hasta el punto de que en la segunda mitad del siglo XIX las publicaciones gallegas superaron en importancia a las del resto de España. Esta

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
CONSELLO CULTURA GALEGA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4929-2373-1
EAN
9788492923731
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Ver autor

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Aínda que nacido en Vilagarcía, moi cedo trasladouse a Ribadeo, onde fixo o bacharelato e, despois, a Santiago de Compostela, para facer o curso preuniversitario no Instituto Xelmírez. No ano 1964 licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose na mesma universidade en 1967. Durante estes anos desenvolve un interesante labor periodístico, publicando artigos en diversos periódicos e revistas de Santiago, como La Noche, El Correo Gallego e Quintana.

O ano 1966 pasouno en Francia, como bolseiro do Laboratoire des Sols (Laboratorio dos Solos). Tamén foi bolseiro da Fundación Juan March (1968) e da fundación Pedro Barrié de la Maza (1973).

Do seu interese polo solo, e pola lingua galega, dá fe o feito de que foi, en 1978, en colaboración co profesor Antón Santamarina, o propoñente do termo "solo", no galego común, como o obxecto do estudo da edafoloxía.

Ao seu regreso de Francia pasa a traballar no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC en Santiago, até 1970, ano no que obtén a praza de profesor adxunto de Edafoloxía na Facultade de Farmacia de Santiago. Desde 1987 foi catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago. O seu labor científico céntrase, basicamente, no estudo dos solos e da climatoloxía agrícola de Galicia, sendo autor ou coautor de case 300 traballos en diferentes liñas: os factores de formación dos solos, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía dos solos de Galicia e zonas húmidas, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas e a súa recuperación, ou a paleoecoloxía, que foron publicados en diferentes e relevantes revistas científicas. Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, participou en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos, ben como membro do equipo, ben como investigador principal ou director. Como docente dirixiu 27 traballos de licenciatura e 16 teses de doutoramento.

Catedrático emérito da USC, é académico numerario da Real Academia de Farmacia, Sección de Galicia, desde o ano 2000, e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Desde o 26 de setembro de 2002 é académico numerario da Real Academia Galega, data na que pronuciou o discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo, respondido por Xosé Ramón Barreiro Fernández. Desde 2016 é académico de número emérito da Real Academia de Farmacia de Galicia.


Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego