Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.
Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia.
Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. No 2013 foi distinguido co premio Bo e Xeneroso da AELG.
e descubre todas as novidades do libro en galego