Santiago Cortegoso Calvar, nado en Domaio (Moaña) en 1974, é un actor, director, dramaturgo e músico galego. Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en arte dramática. Realizou en 1998 o máster Teoría e práctica da interpretación teatral pola USC.
Compaxina a súa carreira como actor, director de escena e produtor na súa compañía Ibuprofeno Teatro, coa escrita de textos teatrais nos que desenvolve unha linguaxe propia e recoñecible para tratar as cuestións clave que afectan ao individuo contemporáneo, sempre cun claro contido social e cun humor ácido e sarcástico.
e descubre todas as novidades do libro en galego