Miguelanxo Prado Plana, nado na Coruña o 16 de xullo de 1958, é un autor de banda deseñada galego. As súas obras van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.
De novo formou parte do Colectivo Xofre. Autor con gran proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Outra faceta importante é a de ilustrador. Algúns dos seus traballos son os de La ley del amor (1995) de Laura Esquivel e para libros infantís e xuvenís, como Cando o mar foi polo río, de Manuel María; O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz; ou Bala perdida de Manuel Rivas. As súas historias adoitan ser emotivas e dotadas dunha forte sensibilidade galega.
Ademais da súa actividade artística, Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador. Foi o director, desde a súa creación en 1998 e durante 25 anos, do salón Viñetas desde o Atlántico, que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña. En 2023 anunciou a súa dimisión á fronte do devandito festival, que pasou a ser dirixido por Manel Cráneo.
e descubre todas as novidades do libro en galego