Xosé Ramón Suárez Ordóñez, nado en Chorente (Taragoña, Rianxo) o 7 de marzo de 1970, é un escritor galego, coñecido tamén co nome de Xosé Duncan.
Reside na Coruña desde os catro anos. Cultiva sobre todo os xéneros literarios de fantasía e terror. Colaborou desde o seu inicio en Contos Estraños e en xaneiro de 2016 creou a páxina web literaria lermos.gal xunto con Alex Bayorti e Martinho Terrafría.
é certo que ten algunhas cousas moi típicas deste tipo de novelas de fantasía (o tratamento dos orcos, por exemplo) e que a descripción de Elawei confundíame un pouco, mais en conxunto foi unha experiencia moi desfrutable. definitivamente necesito salientar os personaxes. diría que, coa excepción dun ou dous, toda a xente desta historia é horrible ou, como mínimo, moralmente cuestionable. neste caso considero que iso é bo: son personaxes profundos, que teñen os seus propios intereses e que loitarán por conseguir o que queren. ter as perspectivas de tanta xente contribúe a sentir que realmente non hai nin bos nin malos. ao longo da historia estiven rooting for personaxes tan distintos e con intereses tan contrarios... é como ler/ver calquera obra sobre a Guerra de Troia: queres que Aquiles e Patroclo gañen, pero ao mesmo tempo queres que lle vaia ben a Heitor. iso si, fódase Paris, que ese é un liante de merda. o único malo que podo dicir (sen entrar nun rant de 40 horas por tanxentes) é o mesmo que me pasou con O ladrón de soños: AS COMAS! Eu tampouco son experte en gramática, mais tiven que ler máis dunha vez as oracións coa colocación correcta de comas na miña cabeza porque o libro non as tiña. moléstame moito porque dificulta o proceso de lectura. en conclusión: teño moito hype por ler o libro seguinte. definitivamente quedo con gana de saber máis. ah, isto tamén: deixade de meter romances innecesarios, por favor. a este punto da historia Bran non necesitaba noiva, moito menos alguén que coñeceu fai literalmente 3 días.
e descubre todas as novidades do libro en galego