O Piloto, o último guerrilleiro (morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965) Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e
Afonso Eiré López, tamén coñecido como Pucheiro, nado en Río Pedroso (A Laxe, Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.
Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso estando no instituto de Chantada e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Xogou de porteiro no Chantada de fútbol. Estudou xornalismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Foi comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra.
Usou o pseudónimo Pucheiro sobre todo nas crónicas e comentarios deportivo. Colaborou na TVG, foi comentarista na Radio Galega e na SER Galicia e mantivo unha columna semanal en El Correo Gallego.
e descubre todas as novidades do libro en galego