Astropal é un valoroso cometa que percorre sen parar a galaxia. Un día, de súpeto, atópase cun estraño obxecto. Co seu enxeño e co seu corazón bondadoso terá que enfrontarse a un problema... Conseguirá resolvelo?
José Julio Fernández Rodríguez, nado na Rúa en 1970, é un xurista galego. É catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi valedor do Pobo de Galicia entre maio de 2012 e setembro de 2015. Así mesmo, director do Centro de Estudos de Seguridade da Universidade de Santiago de Compostela. Antigo membro da Xunta Electoral de Santiago de Compostela.
Asistiu como experto a diversos programas xurídicos internacionais de cooperación e de fortalecemento institucional (Perú, Turquía). Cruz do Mérito Naval con distintivo branco (Reino de España). Doutor Honoris Causa pola Universidade Antonio Guillermo Urrelu.
e descubre todas as novidades do libro en galego