Manual de bos usos da auga que pon en valor a importancia e a necesidade de facer un uso responsable da auga, empezando polo coñecemento do seu e valor, para non desperdiciala. Trátase o cambio climático, o ciclo hidrolóxico, os coidados do xardín, o af
María Llerena Perozo Porteiro, nada en Vigo o 13 de xaneiro de 1974, é unha escritora galega.
É filla de María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo, irmá de Ozo. Estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Especialízouse en comunicación, relacionada co xénero e o medio ambiente. Traballou de asesora do conselleiro de medio ambiente e desenvolvemento sostible na Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Despois dirixiu dúas empresas dedicadas á comunicación cultural. Impartiu obradoiros de comunicación para mulleres desde a perspectiva de xénero colaborou con organizacións feministas e impartiu palestras sobre violencia de xénero, ecofeminismo e comunicación.
e descubre todas as novidades do libro en galego