Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras, que, pouco a pouco, é obxecto dunha…
Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras, que, pouco a pouco, é obxecto dunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques, onde os personaxes, semella, non poden escapar ao seu destino. O resultado é unha experiencia vital marcada pola traizón e o fracaso.
Por fin alcanzaba a posición de dominador. Eran as propias posibilidades, independentemente da súa natureza cuantitativa, as que, agora, posuían a forza real suficiente para recuperar a miña condición de home. Tantos anos tratando de afastarme da paisaxe dos malos recordos, non abondaba para facerme perder, definitivamente, os raigaños a que me consideraba con dereito. Algo se revelara en min...
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro