Neste libro de banda deseñada estades a piques de descubrir os segredos que agocha o noso Monte da Fraga, un espazo natural moi especial situado na cerna do campus da Zapateira e que vimos recuperando e custodiando na Universidade da Coruña (UDC) dende o ano 2006. Toda a comunidade universitaria da…
Que bonita iniciativa este libro de Xulia Pisón, Un día no monte da fraga. A fin de divulgar entre o público máis novo a riqueza do recuperado Monte da Fraga no Campus da Zapateira da UDC, publícase este libriño. Gústame que se pense neste tipo de publicación como forma óptima de divulgación pois creo que é moi acertada. Os personaxes da ratiña e de paxaro van percorrendo o monte mentres falan cos seus habitantes a fin de convocalos onda a árbore grande, pero aos habitantes da fraga pásalles como a nós, teñen moitas outras ocupacións e non se saberá ata o final se poden acudir á cita ou non. O libro ten unha serie de textos que nos van falando dos diferentes espazos que se poden atopar neste monte, mentres ratiña e paxaro van percorréndoos e presentándonos aos seus habitantes. Os textos son breves, os diálogos cos animais divertidos, os debuxos preciosos, polo que o propósito inicial está asegurado. Que bonita forma de amosar un lugar aos seus visitantes máis novos!
e descubre todas as novidades do libro en galego