Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Oito contos de nadal reunidos nun volume singular, de grande formato e encadernación acortonada, que constitúe un feito único na edición en lingua galega. A recuperación do clasicismo narrativo do conto emotivo, que frecuentara Emilia Pardo Bazán, transformado por Manuel Rivas en neons de emoción,
Oito contos de nadal reunidos nun volume singular, de grande formato e encadernación acortonada, que constitúe un feito único na edición en lingua galega. A recuperación do clasicismo narrativo do conto emotivo, que frecuentara Emilia Pardo Bazán, transformado por Manuel Rivas en neons de emoción, reinventadas visualmante por Miguelanxo Prado. O diálogo expansivo entre estas dúas miradas sensibles converten a este libro nunha buguina de esperanza. Oito historias acontecidas nos días de nadal, imaxes dunha realidade luxada pola incerteza do noso tempo e transformadas pola alquimia da memoria. "O namorado de María" ou a peripecia dos tres Magos que queren inventar a verdade a bordo dun coupé packard, circulando por un país condenado á insuficiencia respiratoria. "Madonna" ou a crónica emocionante dunha rapaza de cuarto de ESO, magoada polo mal das vacas tolas que afecta a unha das vacas da súa granxa o día de Noiteboa. "O partido de Reis" ou a proeza de Félix, ese mozo con síndrome de Down, que consegue pasar a raia estremecendo aos seus compañeiros de equipo que desputan un encontro cos das Casas Baratas. "O amor das sombras" ou o camiño que percorre na Noiteboa, acompañado do seu can, o vello solitario na procura da namorada da súa memoria. "A barra de pan" ou a sorprendente narración de como o Chanel comeu unha alma, transformada en barra de pan naqueles tempos da fame e da cartilla de racionamento. "O carteiro de Papá Noel" ou a experiencia de quen traballou ao servizo duns grandes almacéns e comprobou abraiado que naquela noite había moita felicidade que repartir. "Okay" ou a traxedia do naufraxio na Noiteboa do Begonia, o mellor buque do Gran Sole, provocado por un maldito golpe de mar. "A chegada de Ingrid" ou o recordo do regreso de Alemaña dun dos compoñentes daquel curioso Dúo Dinámico, que trouxo na maleta Ingrid, a moneca que falaba da súa soidade e expresaba o desexo de ser amado.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Manuel Rivas nació en A Coruña en 1957. Escritor y periodista español en lengua castellana y gallega. Se licenció en Ciencias de la Información, en Madrid, donde fundó la revista Loia. De regreso en La Coruña colaboró con distintos medios de prensa y audiovisuales; fue subdirector de Cambio 16 de Galicia y responsable de la sección cultural de El Globo. En la actualidad, colabora habitualmente en el diario El País