1. INICIO
  2. Libros
  3. VINTE ANOS RETORNANDO
VINTE ANOS RETORNANDO

VINTE ANOS RETORNANDO

Xosé Neira Vilas
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Xosé Neira Vilas memorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia. Nestas memorias da súa condición de "emigrante

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4978-2477-4
EAN
9788497824774
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Xosé Neira Vilas

Ver autor
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega.
Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún.
A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mundo'' (Xerais 2007), ''Lóstregos'' (Xerais 2009), ''Presenza galega en Cuba'' (Xerais 2010); testemuños: ''Eduardo Blanco-Amor dende Buenos Aires'', ''Guerrilleiros'', ''Galegos no Golfo de México'', ''Encontros con Laxeiro''; e traballos de investigación, como as series ''Memoria da emigración e Crónicas Galegas de América'', ''Castelao en Cuba'', ''Rosalía de Castro e Cuba'', ''A lingua galega en Cuba e outros''. ''Vinte anos retornando'' (Xerais 2006) é a súa primeira entrega memorialística, que continúa con ''Penúltimo dietario'' (Xerais 2011). Ademais é autor dunha historia do Himno Galego.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Neira Vilas

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego