En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. E a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o…
María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.
Comezou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Vigo e continuou na Subsección de Galego-Portugués na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela; pertence á 1ª promoción de licenciados en Galego-Portugués (1978) moi ligados á figura de Ricardo Carballo Calero. Exerceu como profesora de Lingua Galega e Literatura en institutos de Vigo.
Comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o periódico vigués El Pueblo Gallego. Nos cincuenta participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o "Teatro de Arte y Ensayo de la Asociación de la Prensa de Vigo", e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o "Teatro Popular Galego". O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como directora da asociación feminista Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal da Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mujeres Poetas Peninsulares y de las Islas (1996).
Lectura obligatoria para calquera viguesa diría eu. Encantoume estar lendo e recoñecer as rúas e imaxinarme como sería pasar por alí naquela época, o diferente que serían a como son agora. Quedei un pouco anoxada coa relación de Margot e Chinto, fun incapaz de sentir mágoa por eles coa diferencia de idade que tiñan e co feito de que son TÍO E SOBRIÑA. Que noxo, que noxo. Chelo, filliña... Anque pases unha mala racha, non te tires a un facha... Por favor, eh...
e descubre todas as novidades do libro en galego