O mundo en que vivimos é "ancho e alleo", como alguén dixo, mais tamén é estreito e noso, segundo o ollemos. Cada vez máis abarcable e globalizado e ao mesmo tempo máis complexo e dividido. Este planeta que nos leva e nos trae na súa andaina de rotación e translación está poboado de enigmas e
Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego