Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría deixar de selo. Pero non pode. Máis quixera. Pero por moito que o intenta, o reloxo, e a súa tiranía, deciden por el. Así que o tempo se converte non nunha cousa relativa, senón nunha cousa
Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de lingua e literatura.
Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 foi profesor de ensino secundario. Reside en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.
Ademais de poesía, ten publicados relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume e os Premios da Crítica de Galiza e de España.
Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre 1984 e 2002 formou parte do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi presidente interino tras a dimisión de Carlos Mella (2001) e a elección de Bernardino Graña (2002), e foi coordenador das súas revistas "Nó" e "Contemporánea". Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Formou parte entre 2003 e 2010 do consello de redacción da revista Grial. Formou parte do colectivo Burla Negra.
e descubre todas as novidades do libro en galego