1. INICIO
  2. Libros
  3. AMAR UNHA SEREA
AMAR UNHA SEREA

AMAR UNHA SEREA

X. H. Rivadulla Corcón
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

"Sabedes o que é o amor? Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentír séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo. Chámome Barucho, Alvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2010-07-07
Páxinas
140
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5294-9
EAN
9788498652949
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

X. H. Rivadulla Corcón

Ver autor

Xosé Henrique Rivadulla Conde, coñecido como Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña o 18 de setembro de 1962, é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.

A súa infancia e xuventude transcorrera a cabalo entre o barrio coruñés de Monte Alto e Muxía, vila á que segue vinculado na actualidade. Profesionalmente traballa no mundo audiovisual, como guionista e locutor para varias cadeas, así como director teatral e colaborador de varios xornais. A primeira estrea do Centro Dramático Galego é da súa autoría (1985): "Festa rachada", en coprodución polo C.D.G. e a Compañía Titirití e dirixido por Cesar Lombera.

Colaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.

Como guionista traballou para diversas produtora privadas como "Corazón Negro", Sincro Porducións", "C.A.I. Producions", "Productora Faro", "Lúa Films", "Non Si P. C.", "Vía Láctea filmes", "CTV", "Editorial Compostela" e "Manivela Producións".

Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de X. H. Rivadulla Corcón

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego