1. INICIO
  2. Autores
  3. X. H. RIVADULLA CORCÓN
Avatar de X. H. RIVADULLA CORCÓN

X. H. RIVADULLA CORCÓN

A Coruña , 1962
15 títulos
0 seguidores

Xosé Henrique Rivadulla Conde, coñecido como Xosé Henrique Rivadulla Corcón, nado na Coruña o 18 de setembro de 1962, é un escritor, guionista, locutor e presentador galego.

A súa infancia e xuventude transcorrera a cabalo entre o barrio coruñés de Monte Alto e Muxía, vila á que segue vinculado na actualidade. Profesionalmente traballa no mundo audiovisual, como guionista e locutor para varias cadeas, así como director teatral e colaborador de varios xornais. A primeira estrea do Centro Dramático Galego é da súa autoría (1985): "Festa rachada", en coprodución polo C.D.G. e a Compañía Titirití e dirixido por Cesar Lombera.

Colaborou na Radio Galega (co programa A casa do vagabundo) e fíxoo tamén na Televisión de Galicia co programa A vida do mercado (anteriormente con Planeta Fantasía, Salitre e vento e Caravana de sabores), ademais de diversos documentais como Coralia e Maruxa, as irmás Fandiño e Redeira, un oficio galego e de mulleres; e foi xefe de produción da Área da Cultura de TVG, entre 1987 e 1989. Presidiu o Foro de Asociacións de Guionistas do Audiovisual e foi vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente.

Como guionista traballou para diversas produtora privadas como "Corazón Negro", Sincro Porducións", "C.A.I. Producions", "Productora Faro", "Lúa Films", "Non Si P. C.", "Vía Láctea filmes", "CTV", "Editorial Compostela" e "Manivela Producións".

Colaborou en diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, RNE, Antena 3, Telecinco.

Libros de X. H. RIVADULLA CORCÓN

Do mar e a noite
Do mar e a noite
Cando soa a buguina
Cando soa a buguina
Os piratas da illa da Esperanza
Os piratas da illa da Esperanza
Soños de mar
Soños de mar
O noso amor será eterno
O noso amor será eterno
O adeus do vello mariñeiro
O adeus do vello mariñeiro
O bebé máxico
O bebé máxico
AMOR DE NÁUFRAGO
AMOR DE NÁUFRAGO
TANKAS DA VIDA SALGADA
TANKAS DA VIDA SALGADA
Camiño ao mar
Camiño ao mar
(g).o elefante dunha soa orella.(infantil-xuvenil)
(g).o elefante dunha soa orella.(infantil-xuvenil)
(g).a balada de roi nemiña.(infantil-xuvenil)
(g).a balada de roi nemiña.(infantil-xuvenil)
(g).salitre
(g).salitre
(g).sorriso de claudia, o
(g).sorriso de claudia, o
Amar unha serea
Amar unha serea

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego