1. INICIO
  2. Libros
  3. O LIBRO NEGRO
O LIBRO NEGRO

O LIBRO NEGRO

Orhan Pamuk
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Unha fervenza de historias engaioladoras que rebolen arredor dun misterio nada convencional. A muller de Galip desapareceu, cabe a posibilidade de que o abandonase e marchase con Celal, un célebre cronista que, a súa vez, tamén se esvaeu. Mentres Galip investiga, acaba por asumir a identidade do

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5386-1
EAN
9788498653861
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Orhan Pamuk

Ver autor

Orhan Pamuk, nado en Istanbul o 7 de xuño de 1952, é un escritor turco contemporáneo, moi coñecido internacionalmente e gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 2006. Nas súas narracións constrúe pontes entre a novela europea moderna e a tradición mística oriental. O seu traballo foi traducido a 35 linguas e publicado en máis de 100 países.

A súa implicación política na defensa dos dereitos humanos, crítica coas posturas do goberno turco, pero tamén coas posturas europeas contrarias a admisión de Turquía na Unión Europea sitúano nunha posición intermedia incómoda. As súas opinións sobre puntos escuros da historia turca, coma as matanzas de armenios a primeiros do século XX, nunha entrevista fixéronlle ser inculpado por "insulto ós turcos".

Nado en Istanbul nunha familia acomodada (o pai era enxeñeiro), estudou no Robert College, colexio americano en Istanbul. Por consello da familia (os pais querían que fora enxeñeiro) entrou na Universidade Técnica de Istanbul, que deixou tres anos despois para dedicarse profesionalmente a escribir.

En 1977 acabou os estudos no instituto de xornalismo da universidade de Istanbul. Entre os anos 1985 e 1988 viviu nos Estados Unidos en autoexilio, traballando para a Universidade de Columbia. Regresou a Turquía onde vive actualmente. Estivo casado entre os anos 1982 a 2001 e ten unha filla.

O 12 de outubro de 2006 recibiu o Premio Nobel de Literatura por ser un autor que "na procura na alma saudosa da cidade natal, atopou novos símbolos para o conflito e o vencellamento das culturas"

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Orhan Pamuk

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego