Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso
Manuel Lorenzo Janeiro Casal (Madrid, 10 de agosto de 1951) é un escritor, deseñador e educador español que traballou en diversos campos creativos. Vive en Galicia desde 1974.
Como escritor, publicou a súa obra tanto en galego como en castelán. Como deseñador, foi o responsable do deseño gráfico das editoriais Galaxia , Vigo (1978-2013) e Gredos , Madrid (1990-2006). Como educador, participou na fundación da Escola Martín Códax de Vigo, onde impartiu clases de 1974 a 2016.
e descubre todas as novidades do libro en galego