Velaquí unha historia sobre unha familia na que unha nai, experta en rir e rir e rir gozando das cóxegas, xa non o fai. Que será o que lle pasa?, por que non dorme polas noites?, que é o que lle preocupa? Como en tantas ocasións, serán os pequenos da casa os que inicien unha investigación que
Clara Isabel Rodríguez Giráldez, coñecida como Clara do Roxo, nada en Caracas en 1962, é unha escritora galega filla de emigrantes.
Licenciada en Xeografía e Historia, cun mestrado en Escritura e Narración Creativa. Foi directora e docente da escola on-line de escrita creativa Aliteraclara en lingua galega e profesora de escritura creativa en El Portal del escritor, onde dirixiuo curso de relato, relato avanzado, creación de personaxes, libro de relatos e contos infantís en lingua castelá. Impartiu cursos de escritura creativa presenciais para a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Biblioteca do Porriño e o café-teatro De Catro a Catro. Imparte obradoiros baseados na escrita de Saramago, Antonio Tabucchi e Fernando Pessoa nas cidades de Porto e Lisboa
Preside Asociación cultural Catropatacos, na que se realizan actividades culturais e de apoio á lingua galega. Pertence ao colectivo 4GHATOS, de narradoras e músicos.
e descubre todas as novidades do libro en galego