1. INICIO
  2. Libros
  3. COMA UNHA ANCORA
COMA UNHA ANCORA

COMA UNHA ANCORA

Iria Collazo López
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Sobre todo, é unha novela de amor. Esa clase de amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Unha espectacular novela de debut dunha autora que está chamada a protagonizar grandes páxinas na literatura galega. Neste libro atoparás momentos inesquecibles onde se

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Data publicación
2015-06-03
Páxinas
128
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4986-5611-4
EAN
9788498656114
Formato
LIBRO EN OTRO FORMATO
Avatar

Iria Collazo López

Ver autor

Iria Collazo López, nada en Barro o 26 de xuño de 1981, é unha escritora galega.

Iria Collazo López naceu en Barro e trasladouse coa súa familia aos sete anos a Moaña. Licenciouse en Filoloxía Galega en 2003 na Universidade de Vigo, obtendo o Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario. Hoxe vive en Cangas e traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña, onde colabora con pequenas creacións literarias e como coordinadora, xunto con Luz Beloso, Miguel Ángel Alonso Diz e Seso Durán en proxectos audiovisuais (A Muller Lamprea, Alicia) nos obradoiros Eduplástica e MusicasBarxas, que resultaron gañadores dalgúns premios do audiovisual escolar, coma o 1º Premio de Videocreación do Concello de Santiago de Compostela, o Premio Olloboi Orixinal 2014, un accésit polo fomento do uso do galego do IES Monte Carrasco e outra nos premios Impinxidela. En 2018 colaborou na revista Ligeia.

En 2015 publicou na Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia a súa primeira obra literaria, Coma unha áncora, unha historia de amor, naufraxios e memoria. En 2016 saíu A soidade das medusas tamén na editorial Galaxia, seis relatos diferentes pero con moitas cousas en común. Nesta mesma editorial publicou en 2019 A casa do paralelo 54.

Foi IIº Premio Certame de poesía Torre de Caldaloba 2019 con De casa queimada.

En 2021 gañou a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia, para realizar unha estadía literaria na Writers’ House of Georgia de Tblisi, ao tempo que un autor xeorxiano viaxa á Residencia Literaria 1863 da Coruña.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Iria Collazo López

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego