Unha selección de relatos escritos durante a primeira década do século XXI. A autora de 'Memoria de cidades sen luz' amosa nestes textos, de asunto aparentemente heteroxéneo, as teimas e paixóns dunha vocación literaria que atravesa eses dez anos cun pulo creador constante.
Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en 2008 pola mesma Universidade coa tese Sistema teatral e institucións. O caso galego, dirixida por Dolores Vilavedra. É investigadora, crítica teatral e docente na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[1]
Colabora habitualmente nas revistas Citania, Grial, Revista Galega de Teatro e Primer Acto, así como no xornal El Correo Gallego. Foi membro do consello de redacción de Dorna.
e descubre todas as novidades do libro en galego