Moi pretende saber máis sobre os tímidos habitantes da súa illa e non cederá no seu empeño ata conseguilo. Sempre hai cousas novas que aprender. O que cómpre son ganas. Logo, un pode aprender por si mesmoà ou dos que saben máis, coma os avós, que gardan auténticos tesouros de sabedoría á espera de
Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.
Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 viviu e traballou en Bruxelas ata a súa xubilación. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras, no semanario A Nosa Terra, e na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa. Desde xaneiro de 2020 mantén unha colaboración semanal no único diario editado en papel na Galiza, Nós Diario.
e descubre todas as novidades do libro en galego