Partindo do tanxíbel, o poema esculca a zona iluminada polo foco da luz,ao tempo que estende a circunferencia do misterio que o arrodea. Poemas que se nutre da súa propia incerteza, mais entende que a beleza pode devir unha forma de opresión, que o equilibro é sempre pasaxeiro, e a perfección, frío
Francisco Xavier Vázquez Álvarez, coñecido como Xavier Queipo, nado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1957, é un biólogo e escritor galego.
Licenciado en Bioloxía (1979) e Medicina e Cirurxía (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1989 viviu e traballou en Bruxelas ata a súa xubilación. Colaborou no portal web Vieiros, na Revista das Letras, no semanario A Nosa Terra, e na revista Grial. Mantivo unha columna de opinión semanal no programa da Radio Galega Diario Cultural. En 2011 gañou o Premio Xerais coa novela Extramunde e en 2015 o Premio Blanco Amor con Os kowa. Desde xaneiro de 2020 mantén unha colaboración semanal no único diario editado en papel na Galiza, Nós Diario.
e descubre todas as novidades do libro en galego