Soñar en noites de lúa, trae fortuna. Podedes pedir tres desexos, dicía o misterioso papel que se coou pola cheminea, cando os velliños estaban a asar un anaco de pan. Dentaduras de ouro, traxes elegantes, un palacio de diamantes… Que difícil escoller…! Entón a velliña cavilou que cun chourizo
Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.
Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.
A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros en colexios.
e descubre todas as novidades do libro en galego