Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta. Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte. Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen... ata que unha veciña, cantando unha vella
Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta. Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte. Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen... ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso. Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro. Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: ?as palabras son música? e ?un mundo mellor empeza cunha bonita historia?. Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro