Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño. Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria
Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño. Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria fronte á amnesia, onde o desexo loita contra a morte e a imaxinación levanta o voo. Así, emerxe un mundo que parecería estar á espreita da súa invención. En O máis estraño aparecen relatos xa célebres como ½A barra de pan╗ ou ½A lingua das bolboretas╗, contos extraordinarios por descubrir como ½A chegada de Ingrid╗, e inéditos sorprendentes como ½A sombra do soño╗. Os medos, as paixóns, a emigración, a guerra, os naufraxios, a relixión, a culpa, a depredación da natureza, a arte e a vida, o humor insurxente, o poder e as súas máscaras, a incomunicación, as fronteiras, a resistencia das voces baixas, o andar vagabundo do ser e as palabras á procura dunha segunda existencia... O máis estraño pescuda no enigma humano, cunha linguaxe incandescente e indócil.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Manuel Rivas nació en A Coruña en 1957. Escritor y periodista español en lengua castellana y gallega. Se licenció en Ciencias de la Información, en Madrid, donde fundó la revista Loia. De regreso en La Coruña colaboró con distintos medios de prensa y audiovisuales; fue subdirector de Cambio 16 de Galicia y responsable de la sección cultural de El Globo. En la actualidad, colabora habitualmente en el diario El País