A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente ½ prodixiosa╗ na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana
Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.
Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.
O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas, estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.
Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Antón Losada Diéguez (1988 e 2017), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais durante décadas, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego