Colección de 15 relatos con protagonismo do mar e das súas xentes que respiran a mellor tradición do realismo fantástico e mostran unha lingua que procura recoller fielmente a fala da xente da Mariña luguesa, mesturada, no entanto, cunha prosa rica en matices e recursos estilísticos postos ao
Francisco Rivas Domínguez, coñecido como Paco Rivas, nado en Cervo en 1955, é un filólogo, profesor e escritor galego.
Estudou o bacharelato en Lugo e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Lingua e Literatura galega e asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra.
Desenvolveu un amplo labor no ámbito da radio (Radio Cornellá, Radio Galega, Onda Cero, Radio Foz) en programas literarios onde fixo numerosas lecturas poéticas.
e descubre todas as novidades do libro en galego