Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Onde manda gata vella, que é o que pode un mangallón? Ela chámase Ofelia e veu do monte (un anaco de campo entre altos edificios); el é Leo, o que sempre quere ser protagonista, que para algo é un macho alfa! Comparten piso con Romi, fan de David Bowie, e coa Maga, unha siamesa xoldeante. Ah!, e…
Onde manda gata vella, que é o que pode un mangallón? Ela chámase Ofelia e veu do monte (un anaco de campo entre altos edificios); el é Leo, o que sempre quere ser protagonista, que para algo é un macho alfa! Comparten piso con Romi, fan de David Bowie, e coa Maga, unha siamesa xoldeante. Ah!, e cunha humana bastante riquiña, aínda que un pouco maniática e sosa, como adoitan os humanos ao medraren. “Saiba a fresa ou a sardiña, a queixo ou a hamburguesa, o mundo sabe tan ben!”. Descúbreo coa Gatucada! *** Poemario de Pilar Pallarés, dirixido ao mundo infantil e ilustrado con distintas técnicas por Ana Pillado e Gaila González, a través do cal fai unha chamada a saborear a vida e a gozar da compañía con outras especies. Unha boa gatucada! é unha obra construída para o divertimento por tres mulleres que aman a poesía, a plástica, a vida... e o mundo felino.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro