1. INICIO
  2. > Libros
  3. > MANCHEA
MANCHEA

MANCHEA

Andrea Cid Freire
0 veces listado

Gañadora do XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría infantil) 2024 Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Baía Edicións A Coruña. S.L.
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4999-5464-6
EAN
9788499954646
Formato
RUSTICA
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias
4

Manchea é unha obra de teatro pensada para representarse con monicreques. Con este texto gañou Andrea Freire o XVI Premio Barriga Verde para teatro de monicreques na modalidade infantil. Coma en moitas outras obras, temos unha princesa da que descoñecemos o nome ata o final e que inicialmente está encerrada no castelo e gardada polo dragón Tizón. Temos tamén a Valentín que é un príncipe azul. Ata aquí todo promete un relato típico e sen grandes sorpresas pero aquí todos os personaxes, excepto o rei, pregúntanse se realmente desexan vivir encadeados ao guión que se lles presupón. Valentín queda sen o seu traxe e pasa a ser Man e a partir deste momento xa non poderá falar aínda que si expresarse ─se cadra aínda con maior forza dramática─. A partir de aquí os personaxes, especialmente os femininos, cuestionarán o papel que se espera delas, e mesmo rematarán tendo nome tanto a raíña como a princesa. As acotacións son moi útiles de cara a unha posible representación ─non no meu caso─ e o xiro que aparta a trama do máis tradicional tamén fará que o público máis novo repense os estereotipos dos contos infantís.

Outros libros de Andrea Cid Freire

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego