1. INICIO
  2. > Libros
  3. > NAIS
NAIS

NAIS

Charo Valcárcel Mato
0 veces listado

Nais é unha historia de mulleres, de nais que teñen que afrontar unha vida marcada polas perdas, pola dor, polo engano, pola violencia… Son mulleres de varias xeracións da mesma familia que imos coñecendo a través da súa relación con Sara, enlace entre o presente e o pasado. Sara nai, Sara muller,…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Baía Edicións A Coruña. S.L.
Data publicación
2026-03-12
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4999-5470-7
EAN
9788499954707
Avatar

Charo Valcárcel Mato

Ver autor
Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias
4

Collín este libro da biblioteca porque me chamou a súa portada. Así acabei agora de ler Nais de Charo Valcárcel, publicada en Baía edicións. Esta é unha novela que fai honor ao seu título. Fálanos de nais, de varias xeracións de nais e da diferente relación coas fillas (máis ca cos fillos) e desa íntima forma de conectar que supón parir unha criatura. Varias xeracións de nais: Anxélica, Sara, Elvira conforman unha saga na que a principal preocupación é criar aos seus fillos. Entre todas elas a de Anxélica é posiblemente a maternidade máis dura: entre as críticas dos veciños e da familia, ameazada polo odio de Carmen, que entendía que debera ter casado co seu agora cuñado e que cando tivo que facerse cargo da súa sobriña, non soubo ser a nai que a nena necesitaba. Tamén podería terse titulado Segredos, porque o segredo instalado na familia como forma de ocultar e protexer ao que se cre máis débil pode acabar sendo un cancro que deteriore as relacións familiares. Así lle sucede a Elvira, que non entende a relación coa que cre a súa nai, a Ramón, que se sente culpable de ocultarlle a verdade á súa muller ou a Mon, que sofre ao descubrir que a relación con seu pai non é tal e como el intuíra polo que súa mai lle contara. Todo un universo de relacións que sempre deixan pouso e sobre as que moitas veces é difícil tomar as relacións máis acertadas. Nais é unha novela que nos debuxa unha saga familiar na que as mulleres fortes e decididas tomarán diversas decisións intentando protexer aos seus fillos da dureza da vida, algo que ben ou mal, intentamos todas. Por iso probablemente me gustou moito a novela. Breve, fácil de ler e moi interesante.

Outros libros de Charo Valcárcel Mato

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego