Ouvean baixo a lúa, percorren grandes distancias e viven en mandas onde o traballo en equipo é fundamental. Sabías que poden oírse entre eles a máis de 16 quilómetros de distancia? Ou que o seu olfacto é 100 veces máis potente que o noso? Este libro vaite levar tralas pegadas destes fascinantes…
Son Rena Ortega, ilustradora e deseñadora gráfica de Barcelona, afincada en Galicia, exploradora do mundo e activista da paixón, a cor e o mundo natural .
Encántame pintar en acuarela , unha técnica que emprego especialmente para proxectos de ilustración do mundo natural, e tamén debuxo dixitalmente co meu iPad. O que máis me gusta facer son libros ilustrados para nenos , especialmente os relacionados coa natureza, as viaxes e a exploración.
Encantoume este libro, lino con alumnado de cuarto de primaria no club de lectura e a elas e eles tamén lles gustou. Conta moitas curiosidades sobre os lobos, e fai que quites esa idea que existe do lobo como malo. As ilisutracións son preciosas.
e descubre todas as novidades do libro en galego